O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Augas de Teo pide que as labores de rega se reduzan ou se fagan de madrugada

| compartir:

O servizo municipal de Augas de Teo está detectando nas últimas semanas, e moi especialmente nestes últimos días, un exceso de demanda de auga motivado, en gran medida, polo rego de xardíns e zonas de cultivo. Esta alta demanda, que se concentra entre as 19:00 e 00:00 horas, causa que determinados lugares que se encontran nas zonas altas do Concello de Teo, e que en condicións normais teñen menos presión de auga, se queden con moi pouca presión de auga ou directamente sen ela. 

Á vista disto, dende o servizo de Augas solicítase que ou ben se supriman estas labores de rego ou ben se pospoñan á madrugada, cando é máis sinxelo poder atender esa alta demanda de auga. 

O servizo municipal continúa a traballar para intentar minimizar estes problemas na rede de abastecemento agradecendo as comunicacións de deficiencias e a responsabilidade e paciencia demostrada pola cidadanía. Pódese contactar co servizo no seguinte correo electrónico: augasdeteo@teo.gal

rego