O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

As xornadas micolóxicas desta fin de semana arrancan cunha gran acollida

| compartir:

As Xornadas micolóxica programadas para os días 29, 30 de novembro e 1 de decembro tiveron unha enorme acollida cun número de persoas anotadas que superou as expectativas. Publícase a listaxe de persoas admitidas e en listaxe de agarda para as xornadas micolóxicas. Consulta aquí a listaxe. 

Os dous primeiros días, o venres e o sábado, faranse charlas sobre a micoloxía na Casa Común de Oza ás 20:00 horas cunha duración aproximada de hora e media. 

Saída micolóxica
A xornada dedicada á busca e identificación será o domingo 1 de decembro na Devesa de Agromaior. Haberá dúas sesións de 30 participantes cada unha. Sesión de mañá: de 10 h a 14 h (as 30 primeiras inscricións).
Sesión de tarde: de 15.30 h a 19.30 h (as 30 inscricións seguintes). Punto de encontro da saída: Casa Común de Oza. A Burga de Xermeade será o punto final do percorrido. O traslado ao punto de inicio farase en autobús. Ante as malas previsións meteorolóxicas a programación para a xornada do domingo poderá sufrir modificacións. 

setas

Arquivos descargables