O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Proceso para acreditar as competencias profesionais

| compartir:

Xa está convocada a acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou por vías non formais de formación. As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes entre o 14 de xaneiro e o 7 de febreiro de 2019. A solicitude de participación no procedemento deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia ( https://sede.xunta.gal/portada) e requerirá cubrir previamente os datos na aplicación informática que se atopa no enderezo ,https://www.edu.xunta.es/acreditacion/. O formulario que hai que cubrir estará dispoñible nesa ligazón dende o 14 de xaneiro. 

A finalidade desta acreditación profesional é recoñecer e avaliar as competencias profesionais adquiridas polas persoas no desenvolvemento do seu traballo ou por outras vías non formais de formación, mediante procedementos que garantan a fiabilidade, a obxectividade e o rigor técnico da avaliación, así como acreditar as competencias profesionais adquiridas polas persoas traballadoras e contribuír así á capitalización dos seus saberes e ao fomento da súa aprendizaxe ao longo da vida.

A orde pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais é do 4 de decembro de 2018 e pódese consultar na seguinte ligazón https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181214/AnuncioG0534-071218-0001_gl.html (DOG do 14/12/2018)

O procedemento, que se desenvolverá en centros integrados de formación profesional, require xustificar unha experiencia mínima. Nas unidades de competencias dos niveis catalogados como 2 e 3, deben ser cando menos tres anos de experiencia cun mínimo de 2.000 horas traballadas. No nivel 1 abonda con acreditar dous anos de experiencia cun mínimo de 1.200 horas traballadas. Tamén se pode xustificar a formación non formal dos últimos dez anos, cun mínimo de 200 horas no nivel 1 e 300 horas no nivel 2 e 3.

Este ano por primeira vez incorpóranse unidades referidas a títulos de Formación Profesional Básica.

Para axudar e informarse deste procedemento, os interesados poden acudir aos departamentos de información e orientación profestional dos centros integrados de Formación Profesional, aos departamentos de orientación dos centros educativos da Consellería de Educación, Universidade e FP.

.

tubaxes