O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O pleno vota a constitución dunha mesa de coordinación interinstitucional sobre a violencia de xénero

| compartir:

A corporación teense reúnese este mércores 24 na sesión ordinaria do mes de abril. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas.

A orde do día ten os seguintes puntos:

  1. Dar conta das resolucións da alcaldía (da 213/19 á 273/19).
  2. Ditame da proposta da alcaldía de corrección de erros na ordenanza fiscal reguladora da taxa por ocupación da ETC de Solláns.
  3. Ditame da proposta da alcaldía de aprobación inicial da desafectación de camiño público na Grela-Lampai.
  4. Ditame da moción dos grupos municipais de SondeTeo-Anova e PSdeG-PSOE sobre a constitución dunha mesa de coordinación intertinstitucional sobre a violencia de xénero.
  5. Mocións.
  6. Rogos e preguntas.
casa do Concello