O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello remite a Minas un novo informe ao Plan de restauración da canteira

| compartir:

O Concello de Teo vén de remitir ao Departamento de Minas da Xunta de Galicia o informe solicitado o pasado 18 de xullo sobre o plan de restauración presentado por Toysal para a concesión da explotación "Casalonga" número 6996. Podes consultar o informe técnico enviado dende o Concello premendo aquí

A alcaldesa accidental, Uxía Lemus, que asina o oficio de envío á Xunta destaca que "este informe rexeita unha vez máis o intento de Toysal de enmascarar a xestión de residuos cun plan de restauración e pensamos que hai argumentos para que a Xunta paralice de novo o plan de restauración". 

Segundo se recolle nas conclusións do informe: "O plan contempla actuación de modificación de rasantes, xeometría e perfís do sistema xeral viario de titularidade municipal existente dentro do ámbito de actuación, sen que exista autorización, nin coñecemento por parte do titular do ben". Este é un dos elementos centrais xa que hai un viario municipal que a empresa considera propio erróneamente. 

Segundo comenta Lemus tamén "obvian no plan de restauración que na zona hai residuos inertes perigosos que se deberían quitar antes de comezar co plan de restauración". A alcaldesa accidental lamenta que "unha vez máis a Xunta aproveito o período estival para enviar este tipo de documentación, sabedores do impacto social que pode ter". E agradece de novo "o traballo dos técnicos municipais neste tema". 

Cabe destacar que este informe municipal non é preceptivo nin vinculante. 

Plan de restauración 

Este Plan de Restauración da explotación “Casalonga”, promovido por Toysal, afecta a case 56 hectáreas de terreo da canteira, no que se pretende alcanzar unha morfoloxía do terreo similar á que existía antes do inicio dos traballos da explotación da canteira, a través do recheo da zona afectada con residuos inertes.

O volume de recheo, conforme aos datos presentados por Toysal no Plan, será de 9.869.500 m3 de residuos, nos que o 167.575,87 serán de terra vexetal ou un substituto da mesma, como os tecnosolos. Finalmente, prevese a plantación de árbores, como fase final da restauración.

Toda a documentación relacionada co citado plan de restauración pódese descargar na seguinte ligazón: 

http://descargas.xunta.es/4bb43d31-6cb9-474d-a901-e8cd9ea58ec01563278451719