O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello recibe unha doazón de case 200 imaxes de bens culturais do Concello

| compartir:

O Concello de Teo recibiu esta mañá a doazón de case 200 imaxes de todas as parroquias dos últimos 30 anos. O mestre e escritor, Xosé María Lema, veciño de Cacheiras foi a persoa que fixo entrega de parte do seu fondo fotográfico para que o Concello o custodie e poida poñelo a disposición de investigadores ademais de poder utilizalo para actividades culturais municipais coma exposicións, charlas ou actividades divulgativas.

O acto de doazón asinouse esta mañá na Casa do Concello coa presenza de Xosé Mª Lema, do alcalde, Rafael Sisto, a concelleira de Cultura, Pilar Faxil, o arquiveiro municipal, Pablo Sanmartín e a secretaria accidental, Sandra García.

A doazón está composta por un estoxo con 184 diapositivas con imaxes dos diferentes bens culturais das diferentes parroquias realizadas entre os anos 1988 e 2003. Algúns das imaxes recollen elementos que na actualidade teñen mudado o seu aspecto ou xa non existen polo que este testemuño gráfico ten máis importancia. Deste xeito, dende hoxe este grupo de imaxes pasan a formar parte da colección fotográfica histórica do arquivo municipal. O Concello comprométese a dixitalizalas ademais de garantir a súa conservación e difusión ademais de facilitalas para o coñecemento da veciñanza e dos/as investigadores/as.

doazon