O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello organiza os campamentos de verán na Mariña de Lugo

| compartir:

(EDITADO) Xa está publicadas as listaxes de persoas admitidas nos campamentos de verán municipais.

Consulta aquí a listaxe de admitidos no campamento infantil.

Consulta aquí a listaxe de admitidos no campamento xuvenil.

O Concello informa do prazo de inscrición dos campamentos de verán infantil e xuvenil, que se abrirá do 15 de abril ao 3 de maio. Os dous campamentos faranse no mes de agosto na Mariña de Lugo, concretamente en Barreiros, zona que xa se visitou o ano pasado.

O campamento infantil celebrarase do 12 ao 20 de agosto e está dirixido a nenos/as nados/as entre o 2007 e o 2012 empadroados en Teo. Hai 103 prazas e 5 para emerxencias sociais.

O campamento xuvenil celébrase do 1 ao 9 de agosto e está dirixido a rapaces e rapazas nados/as entre o 2002 e o 2006 empradroados/as no Concello. O número de prazas é de 65 e 5 para emerxencia social.

Reserva de praza

Para reservar a praza hai que presentar a ficha de inscrición no Rexistro Xeral do Concello do 15 de abril ao 3 de maio. As fichas poderanse descargar da web municipal dende a semana do 8 de abril e tamén recoller nas oficinas de Deportes do Concello.

Descarga aquí a ficha de inscrición para o campamento infantil

Descarga aquí a ficha de inscrición para o campamento xuvenil

A documentación que debe entregarse xunto coa ficha debidamente cuberta é a seguinte: unha foto actual tamaño carné e no caso de ter un tratamento específico ou doenza que haxa que ter en conta un xustificante médico. A cota de inscrición de cada un dos campamentos é de 90 euros. As exencións e bonificacións para esta actividade pódense consultar premendo aquí

A listaxe provisional de admitidos/as publicarase na web e nas oficinas do Concello a partir do 10 de maio. No caso de que haxa máis solicitudes ca prazas farase un sorteo público o 16 de maio ás 19:00 horas na Casa Consistorial. A listaxe de admitidos/as estará exposta na web e no taboleiro do Concello a partir do 22 de maio. As persoas que desexen renunciar á súa praza deberán comunicalo entregando un escrito no rexistro ou enviando un correo electrónico a deportes@teo.gal.

As persoas con praza deberán facer o pagamento do 3 ao 14 de xuño e entregar o xustificante de pago no Departamento de Deportes do Concello. O xustificante pódese enviar por correo electrónico a deportes@teo.gal. Se o 15 de xuño non se ten entregado no Concello o xustificante de pagamento enténdese que se renuncia á praza e chamarase á listaxe de agarda.

O 27 de maio farase unha reunión informativa sobre a actividade. Será no salón de plenos ás 19:30 horas.

Máis información sobre os campamentos no Departamento de Deportes, no teléfono 981.978.433 ou no correo electrónico: deportes@teo.gal

Convocatoria campamento infantil

Convocatoria campamento xuvenil