O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Facenda abre un prazo de exposición sobre a inscripción rexistral de parcelas no Concello

| compartir:

O Concello recibiu unha comunicación do Ministerio de Facenda sobre un expediente de inscripción rexistral de varias parcelas do termo municipal, procedentes de propietarios descoñecidos. 

Podes consultar aquí a comunicación completa de Facenda e o listado das fincas

Podes consultar aquí os planos das fincas

O anuncio remitido por Facenda estará en exposición ata o 29 de agosto por se existen persoas que acrediten algún dereito sobre as parcelas afectadas que neste prazo poidan presentar alegacións ao procedemento polo que Facenda vai proceder a rexistralas baixo a súa titularidade. 

Todas as fincas afectadas neste expediente pertencen á concentración de Calo. 

Se hai persoas usando estas fincas que poidan acreditar a súa titularidade poden alegar diante da delegación de Facenda en Galicia ata o 29 de agosto acompañando os xustificantes que fundamenten a alegación. No caso de que se cuestione a propiedade as persoas interesadas deben aportar os títulos orixinais que acrediten o seu dereito ou unha copia compulsada dos mesmos. 

plano finca

Arquivos descargables

Attachment Size
comunicacioninscricionregistral.pdf 2.55 MB
planosfincas.pdf 11.36 MB