Aínda quedan prazas vacantes en varias escolas culturais municipais

01-10-2019
colores

As escolas culturais municipais comezan un novo curso coincidindo co 1 de outubro. Sen embargo hai varias disciplinas que aínda contan con prazas vacantes. Concretamente programación, precirco, guitarra nivel medio I e II e artes plásticas (consultar horario). Se estás interesado nalgunha destas actividades podes presentar a ficha de inscrición no rexistro do Concello.
A ficha podes descargala premendo aquí ou recollela nas oficinas municipais. 
As escolas culturais este ano ofertaban unha ampla variedade na oferta. Dende artes plásticas para grupos de varias idades, danza contemporánea, programación, precirco ou guitarra. 

Aquí podes consultar as listaxes de persoas admitidas nas escolas (data 19/09/2019).