O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

REMATA O PRAZO PARA PRESENTAR PROPOSTAS DE SENDAS PEONÍS PAR AO PROGRAMA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ TEO DECIDE

| compartir:

Remata o prazo para que calquera persoa interesada poida facer as súas propostas de sendas peonís a través do programa de participación cidadá Teo decide: Camiños seguros. Calquera colectivo ou individuo pode achegar coa data límite do venres 26 de febreiro as súas ideas ou prioridades de sendas para Teo a través dunha ficha que se pode descargar da web municipal e enviar a teodecide@concellodeteo.com

As propostas achegadas serán avaliadas públicamente nun Foro veciñal que se celebrará o sábado 12 de marzo no Centro Sociocultural da Ramallosa entre as 10:30 e as 13:30 horas. Nestes días estívose mantendo comunicación coas asociación do Concello para animalas a achegar as súas ideas. A ficha ten varios campos para cubrir: a proposta de senda, a utilidade da mesma explicando a que servizos da acceso, as persoas usuarias, ademais dos datos de contacto.

 

O Concello de Teo pon en marcha este programa de participación veciñal para facer partícipe á cidadanía da xestión pública. E o primeiro tema sobre o que se traballa son as sendas peonís por considerar que se trata dun asunto que preocupa á veciñanza. A mellora da seguridade viaria e a necesidade de espazos para poder facer circuítos a pé é unha demanda social cada vez maior.

 

Para calquera dúbida ou suxestión tamén se pode contactar cos seguintes números de teléfono: 609.909.564; 627.570.943 ou 629.747.336.

 

Descarga a ficha para facer propostas

teo