O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

OS ALCALDES DE AMES E TEO REÚNENSE PARA VALORAR TEMAS DE INTERESE CONXUNTO PARA OS DOUS CONCELLOS

| compartir:

Os alcaldes de Ames e Teo, José Miñones e Rafael Sisto, mantiveron esta mañá unha xuntanza institucional no Concello de Teo. Tratábase da primeira reunión logo do cambio nas alcaldías o pasado mes de xuño e serviu para pór en común temas de interese conxunto e acordar manter unha liña de comunicación fluída.

Entre outros asuntos falouse de mellorar na coordinación entre os dous equipos de goberno xa que en moitas ocasións a realidade dos dous concellos fará posible a colaboración entre servizos. Precisamente durante o encontro asinouse un convenio polo que persoal da policía local de Ames colaborará coa policía local de Teo esta fin de semana, con motivo da celebración da proba do campionato do mundo de Trial.

Os rexedores tamén falaron doutros asuntos en común como o transporte, a mancomunidade ou a xestión do servizo de abastecemento e saneamento da agua. Precisamente este foi un dos asuntos que máis tempo ocupou xa que Teo ten previsto asumir a xestión directa do servizo este mes de outubro depois dun longo procedemento administrativo. O alcalde de Ames amosouse interesado por este tema e polas dificultades dun proceso coma este de recuperación de servizos públicos.

teo