O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A OBRA DE LUÍS IGLESIA E XAVIER DEIVE FILOSOLFANDO PECHA O MES DO TEATRO EN TEO

| compartir:

O Mes do teatro de Teo pecha este sábado 31 de outubro coa obra de Luís Iglesia e Xavier Deive, Filosolfando. Dous dos actores máis coñecidos polo público, despois de presentar o ano pasado Sede de mal, presentan esta nova proposta para adultos escrita e dirixida polo tamén actor Avelino González. A función será ás 21:00 horas no Centro Sociocultural da Ramallosa. 

Nesta obra os dous actores suben ao escenario para facer algo tan sinxelo e complicado á vez, reflexionar sobre a existenciaFilosolfando está producida por Boneca Lareta e distribuída por Culturactiva SCG. 

A entrada é de balde ata completar aforo. Dende o Departamento de Cultura animan aos asistentes a colaborar co Banco Veciñal de Alimentos coa entrega de produtos no perecedeiros (leite, conservas...) o mesmo día da función.

Por outra banda dentro da programación do mes do teatro e por problemas da compañía ANÚLASE  a actuación Cabaret Bíblico de Tangatutanga Teatro prevista para o 30 de outubro ás 21:00 horas no CSC da Ramallosa. Desculpen as molestias.  

teo