O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O PLENO DO CONCELLO DE TEO DEBATE O REGULAMENTO DO SERVIZO DE TAXI NO QUE SE ESTABLECEN AS TARIFAS URBANAS

| compartir:

A corporación teense reúnese este xoves 23 de xullo en sesión ordinaria. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, ás 20:00 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas e celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo , na marxe dereita da portada.

Un dos puntos centrais do debate plenario será a proposta de regulamento de funcionamento do servizo de taxi no Concello no que se propoñen as tarifas urbanas para Teo, un documento que recolle as propostas da Asociación de autotaxis do Concello de Teo.

 

No pleno tamén se votará unha moción do grupo de goberno sobre a necesidade dun centro de día para Teo. Trátase, segundo se explica no escrito, dun recurso esencial para as persoas en situación de dependencia e unha demanda histórica do Concello de Teo.  

 

A orde do día ten os seguintes puntos:

 

  • Aprobación da acta de sesión do 13/06/15.
  • Dar conta das resolucións da alcaldía (da 320/15 á 561/15).
  • Ditame da proposta da alcaldía de aprobación do modificado técnico do proxecto “Reforzo do pavimento en Cacheiras, Calo, Luou e outros”.
  • Ditame da proposta da alcaldía de aprobación inicial do regulamento de funcionamento do servizo de taxi no Concello de Teo.
  • Ditame da moción do concelleiro de Benestar e Igualdade para a instalación dun centro de día en Teo.
  • Mocións.
  • Rogos e preguntas.
teo