O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O CURSO DE GRADUADO EN ESO COMEZA ESTE VENRES CON TRINTA PARTICIPANTES

| compartir:

O curso de graduado en ESO comeza este venres 5 de febreiro con todas as prazas cubertas, trinta. Este primeiro día farase unha presentación ás 20:20 horas na que estará a concelleira de Educación, Salomé Beiroa, o axente de emprego e desenvolvemento local e a mestra do curso. Este ano a actividade conta con trinta alumnos/as e non quedaron solicitudes en lista de agarda. Consulta aquí a listaxe de admitidos/as

As clases serán no baixo do Centro Sociocultural da Ramallosa de luns a venres en horario de 20:20 horas a  22:40 horas para que sexan compatibles co horario laboral. O curso durará seis meses e coa formación que se oferta os/as asistentes poderán presentarse ás probas de graduado en ESO. 

Esta é unha actividade que leva anos facéndose no Concello e que ano tras ano conta con bastante aceptación e un óptimo nivel de aproveitamento por parte do alumnado. 

A listaxe completa de admitidos/as podedes consultala premendo aquí

teo