O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O CONCELLO PRESENTA UNHA OFERTA DE EMPREGO PARA CINCO PERSOAS

| compartir:

O Concello de Teo acaba de presentar unha oferta de emprego no Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE, antigo INEM) para a contratación de cinco persoas en situación de desemprego na cuadrilla de servizos básicos, obras, parques e xardíns.

O obxecto desta convocatoria, apoiada por unha subvención da Deputación da Coruña, é a contratación laboral temporal, mediante o sistema de concurso-oposición, de dous operarios/peóns de parques e xardíns, de dous oficiais de primeira de albanelería e de un peón de albanel.

A contratación efectuarase a tempo completo no caso dos peóns de xardíns, e a tempo parcial (35 horas á semana) no caso dos oficiais e peón de albanelería. Os contratos terán, en todos os casos, unha duración de cinco meses.

Esta contratación está subvencionada pola Deputación da Coruña, que concedeu unha axuda ao Concello de Teo por importe de 51.638,92 euros para poder financiar na súa totalidade os custos de Seguridade Social e os custos salariais do persoal.

As persoas seleccionadas incorporaranse no servizo de obras e servizos básicos municipais, aínda que poderán executar de xeito autónomo as obras sinaladas no proxecto.

A modalidade contractual será a dun contrato temporal de traballos de interese social/fomento do emprego agrario.

teo