O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O CONCELLO EXECUTA OBRAS DE MANTEMENTO NOS CENTROS ESCOLARES ANTES DO INICIO DO CURSO

| compartir:

A concellaría de Educación, dirixida por Salomé Beiroa, realizou obras de mantemento durante o verán nos centros escolares. A maior parte do investimento adicouse ao pintado de estancias, aulas e elementos comúns como o comedor, en varios centros. Tamén se fixeron tarefas menores de mantemento eléctrico ou de fontanería así como limpeza ou desbroces dos patios.

No colexio de Calo pintouse o comedor e unha planta, ademais de fixar o arame do parque infantil e preparar aulas con cableado para a colocación de pantallas dixitais. Na Ramallosa pintáronse dúas plantas de aulas e as oficinas e barnizouse o espazo da entrada. Tamén se actuou na cociña concretamente no alicatado, pintado e colocacion de estanterías. Nos Tilos pintouse unha planta de aulas, estabilizouse a alambrada e fixéronse arranxos de carpintería e electricidade. No CRA tamén se fixeron traballos de mantemento xeral e en Recesende mellorouse o baño e pintáronse as aulas. O investimento económica destes traballos supera os 5.000 euros ao que hai que engadir o traballo das brigadas municipais.   

 

Mellora na accesibilidade

Pola súa banda a Consellería de Educación fixo este verán obras de mellora da accesibilidade, moi demandadas dende toda a comunidade educativa. Nos últimos anos o Concello fixera un esforzo para realizar pequenas obras neste terreo. O Consello escolar municipal aprobara unha moción na que se solicitaban obras como o ascensor nos Tilos, que xa está en funcionamento. Tamén se programaron para este verán unha rampa de acceso ao edificio do salón de actos do CEIP da Ramallosa e a ampliación da biblioteca do IES de Cacheiras.

teo