O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O CONCELLO DE TEO PROGRAMA PARA ESTE DOMINGO UN ROTEIRO ATA O CASTRO DE MOUROMORTO-TEXEXE

| compartir:

A Concellaría de Participación veciñal organiza unha visita guiada a este castro, onde se permitirá visionar as pezas encontradas nos traballos arqueolóxicos realizados pola arqueóloga Pilar Fernández.

A Concellaría de Participación Veciñal organiza un paseo entre a Casa Común de Calo, desde onde partirá o percorrido proposto para este domingo, 18 de outubro ás 11.30 horas.

 

Previamente á partida, na propia Casa Común de Calo, permitirase visionar pezas romanas do século I e fotografías dos restos atopados durante as sondaxes arqueolóxicas realizadas nunha parcela próxima ao castro de Mouromorto.

 

Alí mesmo accederase a unha explicación sobre estas pezas achadas nas proximidades do conxunto arqueolóxico por parte da propia arqueóloga encargada do proxecto, Pilar Fernández, quen tratará de situar o castro no seu contexto xeográfico e histórico.

 

Posteriormente realizase unha andaina ata a zona para visitar os elementos arqueolóxicos visibles, que tras o incendio do pasado verán quedaron ao descuberto, como son a súa croa, os parapetos e murallas e outras estruturas.

 

Posteriormente retornarase ata a Casa Común de Calo, onde está prevista a chegada ás 13.30 horas. A ruta está indicada para todas as idades.

teo