O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O CANTATEO VOLVE A ENCHER DE VOCES CORAIS O CENTRO SOCIOCULTURAL DA RAMALLOSA ESTA FIN DE SEMANA

| compartir:

O xa tradicional encontro de voces corais Cantanteo desenvolverase neste 2015 esta fin de semana nas datas previas ao Nadal. O Centro Sociocultural da Ramallosa será o escenario onde as voces corais teenses interpretarán as cancións dos seus repertorios mañá sábado 12 e o domingo 13 a partir das 17.30 horas.

Na xornada do sábado, a Coral Polifónica de Luou, o Coro Parroquial de Rariz e o Coro Parroquial de Cacheiras serán os representantes teenses no encontro, mentres que o domingo 13 será a Coral da A. C. Cruceiro do Monte, o Grupo de Canto Aleceia dos Tilos e o Coro da Igrexa Evanxélica da Ramallosa.

 

Segundo a concelleira de Cultura, Pilar Faxil, “o Cantateo representa a posta en valor do traballo cotián de moitos e moitas teenses, que teñen na técnica vocal un modo de expresión cultural moi interesante e achegado á cidadanía”.

 

A maxia de Benxamín e Lola. Dentro da programación cultural destes días a Maxia de Benxamín e Lola chegará á Mediateca do Grilo de Cacheiras este domingo 13 ás 12 do mediodía. Trátase dun espectáculo de maxia para todos os públicos e a entrada é de balde.

teo