O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O ALCALDE DE TEO, RAFAEL SISTO, RECIBE AO DEPUTADO PROVINCIAL DE COMPOSTELA ABERTA, MANOLO DIOS

| compartir:

O alcalde de Teo, Rafael Sisto, e Manuel Dios, deputado por Compostela Aberta na Deputación provincial da Coruña, celebraron esta mañá unha reunión de traballo na casa consistorial teense.

Na reunión tratáronse varias cuestións concretas, principalmente o estado das estradas provinciais entre Cacheiras e As Galanas, e entre A Ramallosa e Bertamiráns. Rafael Sisto explicou que existen proxectos de reforma, elaborados pola Deputación e non executados, que sería preciso retomar, comprobando a súa viabilidade actual. Tamén se mencionaron outros proxectos que poderían encadrarse dentro das liñas de financiamento establecidas pola Deputación Provincial.

 

Sisto lembrou que, nos últimos anos, Teo foi o municipio da Coruña coa menor cantidade de achegas da Deputación, asunto que obrigou ao Concello a presentar unha cuestión ante os tribunais de xustiza. Porén, destacou que a nova corporación provincial semella decidida a rematar con este tratamento discriminatorio.

 

Pola súa banda Manolo Dios ofreceu a súa colaboración ao alcalde en todos os temas de interese para Teo que sexan de ámbito provincial. 

teo