O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A INSCRICIÓN NO PROGRAMA DE CONCILIACIÓN DIVERTEO SEMANA SANTA ESTÁ ABERTA ENTREO 15 E O 26 DE FEBREIRO

| compartir:

O Concellode Teo abre o prazo para anotarse no Diverteo de Semana Santa entre o 15 e o 26 de febreiro. O Diverteo é un programa municipal que pretende facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, polo que funciona nos períodos de vacacións escolares. O programa realízase nos centros escolares de Calo, Os Tilos e A Ramallosa. Neste edición funcionará os días 21, 22, 23 e 28 de marzo. Máis información sobre a convocatoria premendo aquí

O programa conta con 100 prazas e o acceso faise por rigurosa orde de inscrición no Rexistro Xeral do Concello. Poden asistir nenos/as de 3 a 12 anos escolarizados/as con preferencia para os/as empadroados en Teo. O custe total desta edición é de 12 euros (3 euros por participante e día). 

A listaxe de admitidos/as publicarase na web e no taboleiro do Concello a partir do 2 de marzo. Dende aí as familias terán ata o 9 de marzo para facer o pagamento. O xustificante do pagamento debe entregarse no Concello ata o 10 de marzo. No caso de non facelo perderase o dereito á praza. O 11 de marzo publicaranse as listaxes definitivas e chamarase a persoas da listaxe de agarda se hai vacantes. 

teo