O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

CONVÓCASE UN PLENO EXTRAORDINARIO PARA DITAMINAR A SOLICITUDE DE COMPARECENCIA DE DÚAS CONCELLEIRAS

| compartir:

A corporación teense reúnese hoxe luns 22 de febreriro en sesión extraordinaria. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, ás 20:00 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas e celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo, na marxe dereita da portada.

O pleno convócase á vista da solicitude formulada polo Grupo Municipal Popular, con data 09/02/2016, con rexistro de entrada nº 960 e no mesmo ditaminarase a solicitude de comparecencia das concelleiras de seguridade cidadá, Salomé Beiroa, e de urbanismo, Uxía Lemus, en relación co expediente de Texexe.

 

A orde do día ten os seguintes puntos:

 

  1. Ditame da solicitude do grupo municipal do PP de comparecencia da Sra. Concelleira de administración, educación e seguridade cidadá, Dna. Salomé Beiroa Fernández, en relación co expediente de Texexe.
  2. Ditame da solicitude do grupo municipal do PP de comparecencia da Sra. Concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade, Dna. Uxía Lemus de la Iglesia, en relación co expediente de Texexe.
teo