O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A CONCELLARÍA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA CONVOCA UNHA XUNTANZA EN PONTEVEA PARA INFORMAR SOBRE UN MERCADIÑO EN PONTEVEA

| compartir:

A concelleirade Promoción Económica, Conchi García, vai celebrar un encontro cos/as veciños/as de Pontevea, para coñecer as opinións dos residentes na zona, sobre a celebración dun mercadiño que foi solicitado polo colectivo de vendedores ambulantes. A xuntanza, na que tamén estará o concelleiro de Participación Cidadá, Ignacio Iglesias, será o venres 4 de marzo ás 21:00 horas na Cafetería O Atallo, na estrada do Castro. 

A solicitude dos vendedores ambulantes sería para un mercadiño o segundo venres de cada mes na Estrada do Castro e resulta interesante coñecer o sentir da veciñanza de cara á realización do mesmo. Dende a concellaría de Promoción Económica agradecen á cafetería O Atallo a cesión dun local anexo para a realización deste encontro.

Mercadiño Cacheiras

Por outra banda lembrar que os venres pola mañá celébrase o mercadiño en Cacheiras no que se poden atopar postos de textil, alimentación, agricultura ecolóxica, flores... É importante lembrar que na zona do mercadiño, que está indicado con sinais, está prohibido aparcar durante a mañá do venres para que se poida realizar con normalidade o mesmo.

teo