O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A COMPAÑÍA TANTATUTANGA TEATRO ESTREA NA RAMALLOSA O SEU ESPECTÁCULO "QUE DEUS NOS COLLA CONFESADOS. CABARÉ BÍBLICO"

| compartir:

A compañía compostelá Tagatutanga Teatro estrea na Ramallosa este hoxe venres 11 de decembro, o seu novo espectáculo "Que Deus nos colla confesados. Cabaré Bíblico". A actuación será no Centro Sociocultural da Ramallosa ás 20:30 horas e a entrada é de balde.

No nome do Pai, do Fillo, do Espíritu Santo...e do Teatro. Relixiosos ou non, practicantes ou non, dacordo ou non, todos coñecemos moitas historias e pasaxes bíblicas. Son parte da nosa cultura, da nosa historia e necesarias para facer crucigramas. Entón, ¿por que non miralas con novos ollos e con algo de humor e música? Nace así o Cabaré Bíblico de Tantatutanga Teatro, un espectáculo para mentes revoltosas. Que Deus nos colla confesados.

A compañía Tantatutanga Teatro comeza a súa andaina no ano 2000 en Compostela, dende entón presenta máis de dez espectáculos, que inclúen clásicos como A doma da fera (W. Shakespeare) ou O abano de Lady Windermere (Oscar Wilde), así como obras de creación propia como Aberto por folga, Cabaré Laboral, que acadou diferentes premios dende a súa representación en 2009 e Urraca. Traxicomedia históricamente incorrecta. 

teo