O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

COMEZA A FORMACIÓN DO PRIMEIRO GRUPO CO QUE SE TRABALLARÁ A TRAVÉS DO PROGRAMA VIVES EMPLEA

| compartir:

Hoxe presentouse no Salón de Plenos do Concello de Teo o primeiro grupo de traballo do programa “Vives Emplea”. Na presentación, estiveron presentes o Alcalde de Teo, Rafael Sisto, o Concelleiro de Benestar Social, Ignacio Iglesias, a xestora de programas de inclusión socio laboral en Galicia de Acción contra el Hambre, Susana Quintas e a coordinadora, Mª Ángeles Rodiño.

Tanto o Alcalde de Teo como o Concelleiro de Benestar destacaron a escasez do emprego neste momento, polo que animan aos participantes a que se impliquen e estimulen “as capacidades que todos temos de ser estar empregables”. Polo seu lado, Susana Quintas fixo fincapé no obxetivo do programa e resaltou que “ao redor dun 54% dos participantes neste programa a nivel estatal atopou emprego”.

As sesións, dirixidas a orientar aos 20 participantes para entrar no mundo laboral, terán unha duración de 9 semanas, repartidas en tres días. Nesta primeira sesión, os asistentes comezarán por coñecer a súa identidade e o que queren mostrar cara o exterior, por medio do fomento da súa creatividade elaborando materiais como as súas propias tarxetas de visita.

Está previsto que no segundo semestre do ano haxa unha segunda edición, polo que se estás interesado podes atopar más información no enderezo electrónico marodino@accioncontraelhambre.org ou no teléfono 629 563 058.

teo