O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

CLAUSÚRASE A PRIMEIRA QUINCENA DO PROGRAMA DE CONCILIACIÓN VERÁN ANIMADO

| compartir:

A primeira quincena do programa de conciliación Verán animadorematou con merendas ao aire libre. En Calo os/as participantes, nenos e nenas de 3 a 12 anos, acompañados/as dos monitores/as pasaron unha divertida mañá na área recreativa de Calo. Alí merendaron e realizaron xogos ao aire libre.

Verán animado é un programa de conciliación que se realiza durante o mes de xullo dividido en dúas quincenas. Faise nos colexios de Calo, Os Tilos e A Ramallosa. Nesta edición de 2015, sobre todo nos primeiros quince días, houbo bastante listaxe de agarda.

O edil de conciliación Ignacio Iglesias destaca que sobre os programas de conciliación do verán "teremos que estudar melloras no procedemento de acceso para que se priorice ás persoas que máis o precisen como ferramenta de conciliación e traballar para poder ampliar a oferta no tempo".

teo