O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

CIFRA RÉCORD DE CACHARELAS NO CONCELLO, CON 257 COMUNICADAS

| compartir:

O Concello recibiu solicitude para 257 cacharelas en todo o municipio durante esta noite de San Xoán. É a máxima cifra acadada nesta celebración, posto que en anos previos rondaban as 200. Unha razón pode ser que o San Xoán é este ano festivo en toda Galicia. Recoméndase seguir as normas de seguridade e máxima prudencia.

A maioría destas peticións están asinadas por particulares pero tamén hai solicitudes de asociacións de veciños, grupos de amigos, ou mesmo de comisións de festas. Sen dúbida unha das cacharelas máis tradicional en Teo e con máis asistentes é a que fan nas festas de San Xoán de Calo. 

Para poder desfrutar desta celebración sen que se produzan accidentes é importante que os promotores das fogueiras e sardiñadas cumpran estrictamente coas medidas de prevención que se indican dende o Departamento de Medio Ambiente municipal. Entre outras cousas lémbrase que o volume da fogueira non debe superar os 8 metros de perímetro e os 3 metros de altura; que a separación entre o lume e os edificios e árbores debe ser polo menos de 12 metros; que se prohibe a queima de plásticos, aceites, etc. e que unha vez rematada a cacharela debe revisarse que o lume queda totalmente apagado e no prazo máximo de 48 horas hai que retirar todos os restos da celebración.

Dende o Servizo Municipal de Emerxencia de Teo tamén se pide prudencia e precaución coas cacharelas, tanto co seu control, como á hora de saltar o lume, e tamén nos desprazamentos por estrada.

teo