O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A unidade móbil para doar sangue estará en Cacheiras

Data e hora

Localización
Farmacia de Cacheiras
Como chegar

A unidade móbil para doar sangue estará en Cacheiras (diante da farmacia) o venres 19 de agosto de 15:30 a 21:00 horas. 

Lembra que xa non é preciso pedir cita para facer a doazón. Este verán, dende a Axencia de doazón están realizando chamamentos para animar á cidadanía a doar sangue xa que as reservas están baixas. 

Para doar hai que ter máis de 18 anos e pesar máis de 50 quilos. Ademais hai que agardar dúas horas despois de xantar. Hai que levar tarxeta de doazón, DNI ou documento similar e informe médico se está a tomar algún medicamento. 

Listaxe de agarda
sangue

Outros eventos por vir