Teatro. Tras os vieiros de Florencio

Florencio

Tralo periplo habitual como visitador de farmacia pola contorna de Guadalaxara, Florencio D. Gurriarán, chega a casa canso e sedento polo moito peso do seu maletín, onde trae frascos farmacéuticos cheos de area da praia de Manzanillo. Pouco a pouco, sobre unha caixa con pedriñas, e ante un público familiar, vai deitando area ata construír un túmulo simbólico onde chorar a morte do seu admirado amigo, recentemente falecido, Aquilino Iglesia Alvariño; ao tempo que lembrará os vieiros que percorreu ata chegar ao seu actual exilio mexicano.


Ese relato autobiográfico, no que tamén intercala algúns dos seus poemas, Hai sede na nova Galicia, O viaxeiro, Córgomo de Valdeorras, Conto sinxelo, Galicia Infinda…; vaino ilustrando mediante escenas construídas cos obxectos que ten máis a man. Co maletín de visitador, frascos farmacéuticos, area, a revista Vieiros, velas, unha botella de Alvariño creará imaxes e algunhas das personaxes que aparecen nos poemas, nun proceso ritual que divirte, conmove e facilita a comprensión profunda dos textos.

Inscricións a partir do 13 de maio.

Data e hora
Localización
Auditorio Constante Liste da Ramallosa
Prazas dispoñibles
60
Prazas por persoa
6

Actividades relacionadas