O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Proxecto Itaca: empoderamento feminino a través de intervencións asistidas con cans

Data e hora

Localización
Casa común de Lampai
Como chegar

Prazas dispoñibles
1
Inscribirse

Prazas por persoa
1

AVISO: POR MOTIVOS ALLEOS AO CONCELLO, ADÍASE O COMEZO DA ACTIVIDADE AO MÉRCORES 18

O programa  Itaca é unha proposta de traballo dirixido a mulleres de todas as idades que queiran aprender a xestionar as súas emocións, así como unha maneira adecuada de achegarse a elas a través da interacción supervisada con cans.

Durante 8 sesións de 1.30 h de duración media, aprenderemos a enfrontarnos a situacións onde as emocións teñen un papel primordial  e saber manexalas de forma adecuada axudaranos a poñer en valor as nosas accións e capacidades.

Ademais, o traballo que realicen repercutirá directamente na súa contorna, xa que axudarán á socialización de cans da protectora Vos Palleiros (Pontevedra) poñendo en valor a animais que foron abandonados e formando parte dun proceso rehabilitador tanto dos cans como propio.

A actividade comeza o vindeiro mércores 18 de maio e continuará todos os mércores ata o 6 de xuLLo en horario de 17:30 a 19:00. Haberá servizo de canguraxe previa solicitude do mesmo.

Observacións
Se precisas servizo de canguraxe, solicitao cos datos da crianza no correo: cim@teo.gal
Inscribirse
Proxecto Itaca

Outros eventos por vir