
O próximo días 20 de xuño temos a segunda sesión do obradoiro de defensa persoal, coa que poñemos fin ao programa de "Quererse ben".
A través destes deste obradoiro, seguiremos traballando o empoderamento persoal, promovendo o autocoidado mediante diferentes ferramentas. Non só se tratará dunha defensa física, senón que profundizaremos na nosa expresión corporal, e o noso autoconcepto. Recordade que hai servizo de canguraxe pero que o tendes que solicitar no correo cim@teo.gal
Nós xa estamos desexando que chegue, e ti?
Anímate a participar!
Vémonos o próximo 20 de xuño na Casa Común de Rarís
Data e hora
Localización
CASA COMÚN DE RARIS
Ubicación
Prazas dispoñibles
18
Prazas por persoa
4