O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Pilgrims de Redrum Teatro

Data e hora

Localización
Auditorio Municipal Constante Liste

Prazas dispoñibles
103
Inscribirse

Prazas por persoa
5

Neste novo espectáculo de Redrum Teatro viaxaremos a través da auto-ficción polo Camiño de Santiago tocando temas como o feminismo, as novas masculinidades ou a importancia actual das redes sociais.

Vivimos nun mundo caótico e imprevisible pero grazas a globalización, ás redes sociais, a Netflix e a un ditador psicópata, quizáis lles quede unha última oportunidade que retornar a ese firmamento de estrelas da TVG.

O Camiño de Santiago, a igualdade e as novas masculinidades serán os temas principais do proxecto #2Pilgrims, unha aventura cativadora que poderá catapultar as súas carreiras á actualidade internacional.

Espectáculo para público xuvenil e adulto.

Podes facer a túa inscrición neste mesmo espazo a partir do venres 14 de outubro.

Observacións
Se precisas anular a túa inscrición agradecémosche que nos avises escribindo a entradascultura@teo.gal. Graciñas!
Inscribirse
Pilgrims

Outros eventos por vir