O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

PAKOLAS - ROKEANDO CON RAMONA ÓRBITA

Data e hora

Localización
AUDITORIO MUNICIPAL CONSTANTE LISTE
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
5

Pakolas volve a Teo para despedir o ano con música e moito moito Rock & Roll!

Contaremos e cantaremos a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel, que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas, e ademais ten  unha máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas.

Así, a través das cancións e a narración, imos saltando a diferentes épocas. Ramona viaxa á prehistoria a comer churrasco de mamut con Manolo Cavernario que acaba de descubrir o lume, visita a Leonardo Da Vinci no Renacemento, acode ao Antigo Exipto cun tal  Ramsés que lle cheiran os pés, ou conversa cun robot que ten unha Roda Rota que se fai chamar Time, etc, todo ata chegar a Benvidas ao Futuro na que cantamos por unha sociedade mais ecolóxica e concienciada co respecto e coidado á natura.

Venres 30 de decembro, ás 18:00 horas no Auditorio Constante Liste.

A inscrición abrirase o venres 16 de decembro ás 10:00 horas.

Observacións
Esperamos que desfrutes moito desta actuación. No caso de que non poidas asistir agradeceríamos que o comunicaras no enderezo electrónico entradascultura@teo.gal.
PAKOLAS

Outros eventos por vir