Observación astronómica en Lampai

estrelas

O Concello organiza de novo unha observación astronómica en colaboración co Observatorio Ramón Mª Aller da USC.

Este ano será o venres 2 de setembro ás 21:30 horas no monte da Agrela en Lampai. Durante a sesión, que contará con persoal da USC, falarase da vía láctea e outros motivos xacobeos do Camiño que poderemos ver a través de telescopios.

O acceso a esta actividade é libre e de balde e non é preciso inscribirse previamente.

Data e hora
Localización
Monte da Agrela. Lampai

Actividades relacionadas