O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Comunicación de guerrilla arredor do dereito á auga

Data e hora

Localización
Casa Común de Cacheiras
Como chegar

Prazas dispoñibles
15
Inscribirse

Prazas por persoa
2

A área de Mocidade presenta un taller para a xente nova sobre comunicación de guerrilla derredor do dereito á auga. 

Tes entre 15 e 25 anos? Queres formar parte dunha acción de rúa que provoque unha reflexión na sociedade en torno ao dereito á auga? 

Temos un obradoiro os sábados 4 e 11 de febreiro de 10:30 a 13:30 horas na Casa común de Cacheiras. Para asistir só tes que cubrir o formulario en liña. 

A inscrición abrirase do 23 de xaneiro ao 1 de febreiro. 

Esta actividade será impartida pola Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social e durante a mesma aprenderán máis sobre esta táctica comunicativa así como sobre a temática, a auga como un dereito fundamental e a crise climática global. 

 

Observacións
Parabéns. Estás inscrito/a na actividade. Se precisas anular a inscrición podes escribir a mocidade@teo.gal
Inscribirse
auga

Outros eventos por vir