O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

AFIRMADO E ACONDICIONAMENTO DO VIARIO MUNICIPAL EN OUTEIRO, FEROS E SOLLÁNS

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

FORMALIZACIÓN CONTRATO: En data 7 de abril de 2017 formalizouse o contrato da obra denominada " AFIRMADO E ACONDICIONAMENTO DO VIARIO MUNICIPAL EN OUTEIRO, FEROS E SOLLÁNS", financiada con cargo ao POS Adicional 1/2016 1ª Fase, entre o Concello e a empresa adxudicataria.

Publicado no Perfil de Contratante o día 19 de abril de 2017.

ADXUDICACIÓN: Por Resolución da Alcaldía de data 29 de marzo de 2017 adxudicouse o contrato para a execución da obra denominada "AFIRMADO E ACONDICIONAMENTO DO VIARIO MUNICIPAL EN OUTEIRO, FEROS E SOLLÁNS", financiada con cargo ao POS Adicional 1/2016 1ª Fase, á empresa "CONSTRUCCIONES PONCIANO NIETO, S.L." con estrita suxeición ao Prego de cláusulas administrativas e á súa oferta polo prezo de 97.118,35 €, IVE engadido (80.263,10€, máis 16.855,25€ de IVE).

Fixouse o prazo de execución do contrato en 4 meses, contados a partir da data de sinatura da acta de reformulo.

 

 

Estando próximo a rematar o prazo de presentación de proposicións faise público que de acordo coa Resolución da Acaldía de data 25/01/2017, a mesa de contratación estará integrada polos seguintes membros:

 

Presidente: O alcalde ou concelleiro que o substitúa.

Vogais:

-D.ª Virginia Fraga Díaz, secretaria xeral do concello.

-D.ª Mónica I. Lado Varela, interventora do concello.

-D. Ignacio Soto González, arquitecto municipal.

-D.ª Uxía Lemus de la Iglesia, concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade.

-D. Manuel Anxo Fernández Baz, concelleiro do grupo municipal mixto.

Secretaria:

A adxunta a secretaría xeral do concello.

 

Suplentes: Os membros da mesa de contratación poderán ser substituídos por causa xustificada. A estes efectos a secretaria e a interventora serán substituídas polo/a funcionario/a que legalmente as substitúan, a concelleira de urbanismo, vivenda e sostibilidade, por D. Roberto Moñino Gil, concelleiro de infraestruturas, o arquitecto municipal polo arquitecto técnico municipal D. Luis Javier Castro Martínez e o/a concelleiro/a designado/a polo grupo mixto por outro/a concelleiro/a que designe o referido grupo. A secretaria da mesa será substituída por D. Jesús Naveira Vázquez xefe de servizos administrativos.

 

Así mesmo faise público que a mesa de contratación constituirase para a apertura do sobre A “Documentación” o día 3 de marzo, ás 09:00 horas nas dependencias municipais.

 

A apertura do sobre C “Oferta económica” efectuarase o día 8 de marzo, ás 09:00 horas en acto público na Casa do Concello.

 

 

Publicado no Perfil de Contratante o día 20 de febreiro de 2017.

 

En data 25 de xaneiro de 2017 ditouse Resolución da Alcaldía pola que se aproba o expediente de contratación, así como os pregos de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante procedemento aberto, con un único criterio de valoración (factor prezo), da obra incluida no POS ADICIONAL 1/2016, 1º FASE, aprobado pola Deputación Provincial e  denominada “AFIRMADO E ACONDICIONAMENTO DO VIARIO MUNICIPAL EN OUTEIRO, FEROS E SOLLÁNS”, de acordo co seguinte cadro de características:

 

Entidade adxudicadora: Concello de Teo

Obxecto do contrato: “AFIRMADO E ACONDICIONAMENTO DO VIARIO MUNICIPAL EN OUTEIRO, FEROS E SOLLÁNS”

Expediente: O-1/17

Procedemento de adxudicación: Procedemento aberto, cun único criterio de valoración (factor prezo). Tramitación ordinaria.

Orzamento: 151.251,13€ (125.000,93€ de base impoñible e 26.250,20€ de IVE)

Valor estimado do contrato: 150.001,11€

Clasificación: non se esixe

Clasificación a efectos de acreditación da solvencia: Grupo G subgrupo 6 categoría a

Garantía provisional: non se esixe

Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluido)

Prazo de execución: 4 meses

Información: os pregos de cláusulas deste contrato estarán a disposición dos interesados na Secretaría Xeral do Concello ou consultando o Perfil do Contratante (www.teo.gal).

Presentación de proposicións:   No Rexistro Xeral do Concello, en horario de nove a trece horas, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ao do último anuncio da licitación que se publique no Boletín Oficial da Provincia ou no Perfil do Contratante.

Máis información na Secretaría Xeral do Concello de Teo, Travesía da Ramallosa 38 15883  Teo   Teléfono: 981 815700, Fax: 981 809401

Teo, 25 de xaneiro de 2017

O alcalde,

Rafael C. Sisto Edreira

 

Publicado no BOP nº 21 do 31 de xaneiro de 2017 e no Perfil de Contratante o mesmo día

Arquivos