O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O PLENO DEBATE A MODIFICACIÓN DA ORDENANZA DAS PISCINAS MUNICIPAIS E DA VENDA AMBULANTE

| compartir:

A corporación teense reúnese este xoves 28 de xaneiro en sesión ordinaria. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, ás 20:00 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas e celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo, na marxe dereita da portada.

Na sesión deste mes a corporación decidirá sobre as modificacións de dúas ordenanzas, a das piscinas municipais e a da venda ambulante. Trátanse de cambios pouco significativos que pretenden axustar a realidade normativa da ordenanza ao funcionamento real destes dous temas. No caso das piscinas por exemplo recóllese a tarifa plana para as actividades en sala cunha cota de 12 euros para abonados e no caso da venda ambulante aparecen as diferentes cotas se se trata de mercadiños periódicos ou eventuais, mercados periódicos semanais, camións tenda ou a feira do San Martiño con tarifas diferenciadas.

 

No pleno tamén se votará unha moción conxunta de todos os grupos na que se reclama que Correos garanta o permanente funcionamento da oficina dos Tilos, evitando peches imprevistos como ocurriu recentemente. E que no caso de acontecer se comuniquen ao Concello esas incidencias.

 

A orde do día ten os seguintes puntos:

 

  • Aprobación das actas das sesións do 19/11/15, 23/11/15 (extraordinario eleccións), 23/11/15 (extraordinario urxente) e 15/12/15.
  • Dar conta das resolucións da alcaldía (da 993/15 á 75/16).
  • Dar conta do informe do cumprimento dos prazos de pago das operacións comerciais-4º trimestre de 2015.
  • Ditame da proposta da alcaldía de 2ª modificación da ordenanza reguladora do prezo público por servizo de piscinas de titularidade municipal do Concello de Teo.
  • Ditame da proposta da alcaldía de modificación do regulamento de uso das piscinas municipais de Teo e das súas instalacións deportivas anexas.
  • Ditame da proposta conxunta dos grupos municipais de reclamación polas actuacións da “Sociedade estatal Correos e Telégrafos. Sociedade anónima”, operadora designada polo estado para a prestación do servizo postal universal.
  • Ditame da proposta da alcaldía de modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola utilización privativa do dominio público para a venda ambulante.
  • Mocións.
  • Rogos e preguntas.
teo