O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Turismo programa visitas teatralizadas nas rutas da Batalla de Cacheiras e na ruta de Lampai

| compartir:

A Concellaría de Turismo segue apostando polo formato de visitas teatralizadas para este verán coa xa consolidada Ruta da Batalla de Cacheiras, un percorrido de 9 Km dende Bamonde a Montouto onde a compañía teatral Os Quinquilláns achegan, en diferentes paradas, a historia acontecida no noso territorio o 23 de abril de 1846 con rigor e humor.

Este verán introdúcese unha nova ruta teatralizada, Per caminho de Lampai, un percorrido circular de 5 km con saída e chegada na capela de Santa Ana (Agrela, Lampai). Esta ruta ten como fío condutor o poema que un trobador medieval, Xoán Airas, dedicou á súa namorada cando marchaba para Portugal atravesando este territorio e sérvenos de escusa para visitar os impresionantes marcos medievais que aínda se conservan en Teo.

Pero será, en realidade “unha viaxe no tempo” pois ademáis de mergullarnos no medievo, faremos un repaso por outras épocas que conforman a historia desta aldea pero que representan a historia do Concello e a memoria que non debemos esquecer.

As rutas funcionarán todo o verán, os meses de xullo, agosto e setembro en sábados alternos. 

Ruta da Batalla de Cacheiras. O punto de encontro será a Reitoral de Bamonde ás 10:00 horas. 

  • Xullo: sábados 12 e 16. 
  • Agosto: sábados 6 e 13. 
  • Setembro: sábado 3 e 10. 

Ruta Per Caminho de Lampai. O punto de encontro será a Capela de Santa Ana. 

  • Xullo: sábados 9, 23 e 30. 
  • Agosto: sábados 20 e 27. 
  • Setembro: sábado 17 e 24. 

As inscricións faranse en turismo.teo.gal premendo aquí

 

visitas teatralizadas

Lampai