O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Curso de iniciación á apicultura

Data e hora

Localización
Casa Común de Rarís
Como chegar

Prazas dispoñibles
14
Inscribirse

Prazas por persoa
2

O sábado 21 de maio, ás 19:00 h, na Casa Común de Rarís,  teremos un encontro arredor da apicultura destinado a persoas que estean interesadas en iniciarse na produción de mel ou na apicultura para mellora da polinización nos cultivos.

Ao longo de dúas horas, Adrián Serantes, apicultor de Rarís abordará os detalles, materiais e coñecementos requeridos para o inicio na cría e cultivo de abellas.

Para asistir é necesario facer a inscrición previa.

 

Observacións
No caso de non poder asistir pregamos que o comuniquen no enderezo electrónico entradascultura@teo.gal
Inscribirse
curso apicultura

Outros eventos por vir