RESOLUCIÓN DE RECLAMACIÓNS E RESULTADO DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DUN/HA TÉCNICO/A DE TURISMO

Data presentación

Publícase a resolución de reclamacións á valoración de méritos e o resultado do proceso selectivo para a contratación dun/ha técnico/a de turismo.

Pode consultar aquí o documento.

Publicado en teo.gal o 20 de setembro de 2016.

 

Publicacións previas:

Publícase o resultado da baremación de méritos do proceso selectivo para a contratación dun/ha técnico/a de turismo para o Concello de Teo, mediante unha subvención concedida ao efecto pola Deputación da Coruña.

A comisión de selección empraza aos candidatos e ás candidatas no Centro Sociocultural da Ramallosa, para celebrar a fase de oposición, o luns 12 de setembro de 2016 ás 12:30 horas. Deberán presentar o documento de identidade para a súa identificación.

Pode consultar aquí o documento.

Publicado en teo.gal o 8 de setembro de 2016.

 

Publícase a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a contratación dun/ha técnico /a de turismo para o Concello de Teo. A resolución establece a composición da comisión de selección e convoca as persoas integrantes para valorar a fase de concurso para o xoves 8 de setembro. 

Pode consultar aquí o documento.

Publicado en teo.gal o 6 de setembro de 2016.

 

 

Publícase a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a contratación dun/ha técnico /a de turismo para o Concello de Teo.

Pode consultar aquí o documento.

Publicado en teo.gal o 31 de agosto de 2016.

 

 

O Concello de Teo convoca un proceso selectivo para a contratación laboral temporal, por unha duración de catro meses, mediante concurso-oposición, dun técnico de turismo. Publícanse ademais as bases que rexen a convocatoria.O prazo de presentación de solicitudes vai do 18 ata o 26 de agosto de 2016.

Pode consultar aquí o documento íntegro.

A praza está subvencionada pola Deputación da Coruña cun importe de 6.208 euros, dentro do seu 'Programa de subvencións a Concellos e agrupacións de Concellos da Coruña de menos de 50.000 habitantes para financiar gastos de persoal das oficinas de turismo, ano 2016' .

Publicado en teo.gal o 17 de agosto de 2016. 

Dirixido:

- Persoas con nacionalidade española, de acordo cos termos establecidos nas bases.

- Persoas que posúan a capacidade funcional para o desempeño das tarefas. 

- Persoas que teñan cumpridos os 16 anos e non excedan a idade máxima de xubilación forzosa. 

Requisitos:

- Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos, de acordo cos termos establecidos nas bases.

- Posuír, como mínimo, o permiso de conducir do tipo B. 

- Estar en posesión dalgún destes títulos: técnico superior en guía, información e asistencia turística; técnico en empresas e actividades turísticas; grao ou diplomado en turismo ou equivalente homologado; grao ou licenciatura en Historia da Arte; grao ou licenciatura en Humanidades.

Documentación:

A instancia (anexo II das bases) deberá presentarse debidamente cuberta e acompañada da seguinte documentación, con orixinal e con copia debidamente cotexada:

- fotocopia compulsada do documento de identidade (DNI, NIE, pasaporte).

- documentación esixida na base segunda.

- declaración xurada, acreditativa de non padecer enfermidade ou minusvalía que impida exercer a función propia a desenvolver.

- carné de conducir tipo B. 

- documentación xustificativa de méritos, de acordo cos termos establecidos nas bases da convocatoria. 

Lugar de solicitude:

Rexistro Xeral do Concello de Teo ou a través do correo electrónico alcaldia@teo.gal, de acordo cos termos establecidos nas bases.

Prazo:

Presentación de instancias desde o 18 de agosto ata as 14:00 horas do 26 de agosto de 2016.

En resolución:En resolución