O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Anuncio de aprobación inicial do Plan de sectorización do sector I do SUND 12 área mixta terciario/industrial de Portoameneiro.

Anuncio de aprobación inicial do Plan de sectorización do sector I do SUND 12 área mixta terciario/industrial de Portoameneiro. Publicado na páxina web do Concello de Teo con data 23 de abril de 2014.
O anuncio foi publicado no DOG nº 95 do 20 de maio de 2014, polo que o prazo de exposición pública remata o 20 de xuño de 2014.
Consulta a continuación o texto completo do anuncio:
"Por Resolución da Alcaldía de 27 de marzo de 2014, aprobouse inicialmente o PLAN DE SECTORIZACIÓN DO SECTOR I DO SUND 12 ÁREA MIXTA TERCIARIO/ INDUSTRIAL DE PORTOAMENEIRO, promovido de oficio polo Concello de Teo e redactado por IDOM S.A..
De conformidade cos artigos 77 da LOUGA e 121 do RP, suspéndese o procedemento de outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto do planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.
A duración da suspensión é de dous anos, extinguíndose en todo caso coa aprobación definitiva do plan de sectorización.
A área afectada pola suspensión é o Sector I do SUND 12 área mixta terciario (industrial de Portoameneiro), cunha superficie de 115.309,0 m 2.
Conforme ao artigo 86 da LOUGA, sométese o expediente a información pública por prazo dun mes mediante a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Correo Galego, na Voz de Galicia, no taboleiro de edictos e na páxina web do concello. Durante ese prazo, que se computara a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOGA, os propietarios e demais interesados poderán formular as alegacións que teñan por conveniente para a defensa dos seus dereitos e intereses.
O expediente completo está a disposición dos interesados na Secretaría do Concello, en horario de oficina.
Teo, a 15 de abril de 2014
O alcalde"

Arquivos
Adjunto Tamaño
1398166045anuncioplansectorizacion.pdf 20.18 KB