O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Servizos Sociais, Familia, Infancia, Terceira Idade, Relacións Veciñais, Servizo de Augas de Teo e Servizo Municipal de Emerxencias

A xestión na área de Servizos Sociais, Familia, Infancia, 3ª Idade e Relacións Veciñais ten como prioridade atender as necesidades básicas de persoas e familias. Estas necesidades mudan co tempo e na situación actual, ademais de atender as situacións carencias habituais, temos engadida a obriga de mitigar as repercusións da crise económica na que vivimos, intentando que a escaseza de recursos económicos non provoquen procesos de exclusión social. Para isto debemos atender as persoas extremando as precaucións para non provocar unha estigmatización derivada da nosa intervención. O obxectivo transversal é respectar ao máximo a dignidade e intimidade da vida persoal e familiar de usuarios e usuarias.

A actual situación de crise económica afecta tamén ao financiamento dos servizos sociais, precisamente no momento no que son máis demandados, e a pesar do compromiso político do grupo de goberno do Concello de Teo de priorizar as políticas sociais, non podemos evadirnos dun factor determinante na nosa planificación. É por isto que sen abandonar os enfoques propios do estado do benestar, na presente lexislatura debemos dinamizar os recursos ociosos do noso contorno, e ninguén mellor para iso ca cidadanía e o tecido asociativo. Esta é outra das nosas principais apostas, dinamizar os recursos comunitarios existentes e potenciar o nacemento e desenvolvemento doutros para satisfacer as necesidades sociais.

As familias con nenos ou nenas menores de 12 anos teñen que enfrontarse a moitas dificultades para poder conciliar os distintos roles que a sociedade actual nos obriga a desempeñar. Intentar que esta dificultade sexa un pouco menor é o obxectivo co que se desenvolven as actividades de conciliación. Para adaptarnos ás súas necesidades escoitaremos a súa opinión para regular estas actividades, e ampliaranse na medida do posible. Os nenos e nenas que non poden estar con seus pais nos tempos de descanso escolar merecen todo o noso esforzo para que a calidade dese tempo sexa a mellor posible, as enerxías a para unha concepción sería e sólida das actividades de conciliación non son nunca moitas.

 

Contacto: juancerqueiro@teo.gal

Juan Jesús Cerqueiro Pintos (1982)

Técnico en Emerxencias Sanitarias.

A súa experiencia laboral comeza na empresa privada pasando ao sector público, concretamente, na Central de Coordinación do 061 Urxencias Sanitarias de Galicia, como radiooperador.

No 2003 amplía a súa formación profesional e fórmase como Técnico en Transporte Sanitario.

No 2005 volve ó sector privado ao crear unha empresa para, no 2009, volver a traballar no 061 ampliando a súa formación cando acada o título de F.P. de TES.

Na actualidade compaxina a súa vida laboral, na CCUS-061 e na UVI do 061 con base en Santiago de Compostela (en excedencia laboral forzosa por cumprimento de cargo público ).

É presidente fundador das NNXX en Teo.

No 2023 foi elixido concelleiro electo polo Partido Popular en Teo.

Concelleiro delegado das áreas de Servizos Sociais, Familia, Infancia, Terceira Idade, Relacións Veciñais, Servizo de Augas de Teo e Servizo Municipal de Emerxencias.

Declaración bens