O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Festival de Maxia co Mago Pago

EDITADO. Esta actuación está COMPLETA. 

En decembro temos Festival de Maxia e o sábado 11 será o momento do espectáculo Hocus Pocus e o Mago Paco. Será unha tarde chea de maxia infantil con risas, cores e moitas sorpresas no Auditorio Municipal Constante Liste dende as 18:00 horas. 

A entrada será de balde pero é convinte reservar entrada escribindo a entradascultura@teo.gal indicando os datos persoais dos asistentes así coma un número de teléfono de contacto. 

No caso de que non se complete a capacidade do auditorio coas entradas, permitirase acceder sen reserva ata cubrir as prazas ese mesmo día. 

Hocus Pocus
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento