O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Subvencións a entidades para o fomento da igualdade

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

O BOP número 203 do 25 de outubro publica as Bases da Convocatoria de subvencións a entidades para o fomento da igualdade entre homes e mulleres e a prevención da violencia de xénero para o exercicio 2021. 

Consulta aquí as bases completas. 

A presente convocatoria está dirixida a subvencionar programas e actividades que persigan o fomento da igualdade entre homes e mulleres e de prevención e loita contra a violencia de xénero organizadas ou promovidas por asociacións veciñais de igualdade e benestar durante ano 2021, con cargo á partida 230/480.00 do Orzamento de 2021, por un importe total de 3.000 euros.

LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

A solicitude normalizada da convocatoria (Anexo I) xunto coa documentación que se indicada, deberán presentarse, seguindo o artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medios electrónicos. A presentación de toda a documentación deberá facerse na sede electrónica do Concello de Teo (http://sede.teo.gal). De igual forma, esta obriga de presentación electrónica mantense durante toda a tramitación do expediente.

A documentación que acompañará á solicitude:

  1. Documento asinado polo/a representante da entidade facendo constar as actividades desenvolvidas e as prazas ofertadas para a mesma.
  2. Copia cotexada do CIF, so necesaria no caso de non estar depositada no Concello.
  3. Certificación bancaria que acredite a titularidade da conta onde se efectuarán os pagamentos.
  4. Declaración xurada conforme o solicitante non está incurso en ningunha das causas de prohibición de percepción de subvencións ou axudas públicas mencionadas no artigo 13 da Lei 38/2003.
  5. Os anexos coa memoria da actividade e xustificación da mesma (anexos II a IV) 2)

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, polo que o prazo remata o 4 de novembro. No caso de solicitudes defectuosas ou incompletas, concederase un prazo de 5 días naturais para a súa corrección, arquivándose sen máis trámites de non se emendaren os defectos en dito prazo. A convocatoria de subvencións farase pública no taboleiro de edictos do Concello.

Arquivos
Adjunto Tamaño
BOP 25-10-2021.pdf 312.04 KB