O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Teatro na Ramallosa dentro do Circuíto Galego de Teatro Amador

Dentro do segundo Circuíto Galego de Teatro Amador organizado por A Tequerreté Teatro en colaboración coa Concellaría de Cultura de Teo chega ao Auditorio o grupo Paso de Valverde coa obra Alén. Será o domingo 17 de outubro ás 19:00 horas e a peza é para todos os públicos. 

A obra será no Auditorio Municipal Constante Liste e para asistir hai que reservar entrada escribindo a entradascultura@teo.gal indicando os datos das persoas que van asistir así coma un teléfono de contacto. 

teatro amador
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento
Parroquia