Lohengrin Teatro presenta "Coa mirada nas súas mans"

mes teatro

Comeza o segundo Circuíto Galego de Teatro Amador organizado por A Tequerreté Teatro en colaboración coa Concellaría de Cultura de Teo. E faino o sábado 16 ás 20 horas da man do grupo Lohengrin Teatro e a peza Coa mirada nas súas mans (adaptada para público cego). Recoméndase para público a partir dos 14 anos. 

A obra será no Auditorio Municipal Constante Liste e para asistir hai que reservar entrada escribindo a entradascultura@teo.gal indicando os datos das persoas que van asistir así coma un teléfono de contacto.