O alcalde reorganiza o goberno municipal

04-10-2021
Rafael Sisto

Esta mañá, na reunión do grupo de goberno de Teo, o Alcalde, Rafael Sisto, comunicou aos concelleiros/as socialistas que cesaban nas súas responsabilidades de goberno. A concelleira Iria Otero asumirá provisionalmente as áreas de Administración e Infraestruturas, Ignacio Iglesias farase cargo de Servizos Básicos e María López xestionará as áreas de Cultura e Educación.

Deste xeito o novo organigrama de goberno queda do seguinte xeito: 

Iria Otero Romero, concelleira delegada de Infraestruturas, Administración, Lingua e Mocidade.

Xosé Ignacio Iglesias Villar, concelleiro delegado de Benestar, Persoal, Deportes, Participación veciñal e Servizos Básicos.

María López Álvarez, concelleira delegada de Educación, Cultura, Igualdade, Mobilidade, Comercio, Turismo e Emprego.

O resto das áreas son asumidas directamente pola Alcaldía