O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Reúnese a Xunta de portavoces para falar da ameaza dun parque eólico no Monte Piquiño

| compartir:

O alcalde, Rafael Sisto, convocou onte a Xunta de portavoces, na que teñen presenza todas as forzas políticas de Teo con representación no pleno para falar da  tramitación dun parque eólico no entorno do Monte Piquiño. Nos últimos días o rexedor atendeu unha solicitude de reunión dunha empresa, Capital Energy, que o informou de que estaban tramitando a instalación de aeroxeneradores nesta zona. 

Diante destas informacións, polo momento de parte e sen nada oficial trasladado dende ningunha administración, o alcalde quixo informar ao resto das forzas políticas da situación. "Tivemos unha xuntanza na que se intercambiou a pouca información coa que contamos neste momento e quedamos en manternos alerta diante desta posible actuación empresarial nunha zona dunha gran riqueza para o Concello dende o punto de vista do patrimonio arqueolóxico" explica Sisto. O alcalde agradece ademais o clima de colaboración que se deu entre as persoas presentes, Manuel Barreiro, do BNG, Uxía Lemus, do PSdG-PSOE, José Manuel Guerra, do PP e Iria Otero, de SondeTeo. 

Segundo as informacións coas que se conta ata o momento a empresa está tramitando a súa solicitude diante do Ministerio de Transición Ecolóxica. Á  vista disto, dende a alcaldía xa se solicitou unha entrevista co Delegado do Goberno, José Manuel Miñones, para interesarse pola tramitación administrativa deste expediente e saber en que momento se atopa. 

O espazo natural do Monte Piquiño xa se viu ameazado no 2012 polo plan eólico da Xunta que tiña previsto un parque eólico nesa zona. Finalmente nese momento quedou paralizado administrativamente polas reclamacións xudiciais presentadas contra o plan autonómico. 

eólico