O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Obra de teatro "Terceiro acto" do CDG

Dende a Concellaría de Cultura convídase á función Terceiro acto do Centro Dramático Galego (CDG) no Salón Teatro o 7 de maio ás 17:00 horas. A función conta coa participación da actriz e veciña de Teo, Mabel Rivera. Para asistir haberá un servizo de autobús de balde que fará as seguintes paradas: 15:30 Igrexa de Calo; 15:45 Igrexa de Lampai; 16:00 Igrexa de Luou; 16:10 Auditorio Constante Liste na Ramallosa; 16:20 Parada autobús en fronte á Farmacia de Cacheiras; 16:30 Parada autobús Montouto e 16:35 Parada autobús Tilos (na máis próxima á AC-841). 

Podes ver máis datos sobre a obra premendo aquí

Para asistir hai que anotarse chamando ao 881.956.010 ou escribindo a entradascultura@teo.gal. As prazas son limitadas e o custe da entrada é de 6 euros que hai que pagar na propia taquilla do Salón Teatro. 

terceiro acto
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento