O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Convócase o pleno ordinario do mes de abril

| compartir:

A corporación teense reúnese este mércores 28 de abril nunha sesión ordinaria. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. Tamén se poderá ver por streaming a través da canle de youtube do Concello premendo aquí

Na sesión votarase a proposta da alcaldía de inadmisión dun escrito de alegacións á aprobación inicial do orzamento municipal do exercicio 2021 por non atoparse dentro dos supostos do artigo 170.2 do RDL 2/2004, de 5 de marzo. 

A orde do día ten os seguintes puntos: 

  1. Aprobación da acta da sesión ordinaria do 03/03/2021. 
  2. Dación de contas das resolucións da alcaldía (da 302/21 á 396/21). 
  3. Ditame da proposta da alcaldía de inadmisión de alegacións e aprobación definitiva do orzamento municipal do exercicio 2021. 
  4. Mocións. 
  5. Rogos e preguntas. 
concello