O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A policía local controla máis de 3.000 vehículos nos festivos de marzo

| compartir:

A Policía Local de Teo incrementou os controis durante as xornadas festivas do mes de marzo, na ponte do 19 de marzo e na Semana Santa. Fixéronse máis controis nas estradas do Concello con patrullas de reforzo do servizo para garantir o cumprimento da normativa sanitaria e a vixilancia da seguridade viaria.

Este reforzo policial tivo como resultado 45 controis a pé de estrada cun volume de 3.360 vehículos controlados, cunha media de 80 por punto de control. Fixéronse 82 propostas de sanción que se reparten do seguinte xeito: 25 por alcolemias positivas; 7 por drogas no organismo, e as outras por infraccións contra a normativa de tráfico (uso teléfono móbil, cinturón, ITV, seguros e outras tipoloxías). Por outra banda, foron denunciadas 27 persoas por incumprir normativa COVID vixente, e levantáronse 11 actas de seguridade cidadá.

Dende o departamento confirman un notable incremento das alcolemias positivas, nas que ata houbo un condutor que foi denunciado dúas veces na mesma semana. Neste caso, un día foi imputado por delito contra a seguridade viaria por dar máis de 0,68 mg/ aire espirado, e ao día seguinte tivo unha sanción administrativa ao dar menos de 0,60 mg/ aire espirado.

A Concelleira de Seguridade, Uxía Lemus, indica que “este aumento das alcolemias positivas é inadmisible e desde o departamento da Policía Local de Teo continuarase con estes controis pero pregamos que a cidadanía valore o grave risco destes comportamentos, non só para as vidas dos ocupantes do seu vehículo, antes de
conducir baixo os efectos do alcol".

control